Blogia
A. VV. Castro e Ladeira

CHARLA COS VECIÑOS DO SR. ALCALDE EN SABARIS (16-XUÑ-05)

Onte coma noutras ocasións acudimos o Colexio público de Sabarís para asistir a charla que o Sr. Alcalde (Jesús Vázquez Almuiña) baixo o título “Jesús Vázquez Almuiña habla con los vecinos de Sabarís”.

Comeza o Alcalde facendo un repaso a todos os feitos na nosa parroquia ata o mesmo día, e facendo especial fincapé na importancia que teñen os saneamentos para a parroquia.

Nos creemos que é a importancia nº 1 que teñen os barrios da parroquia de Sta Cristina, deste xeito presentan a todos os alí asistentes un plano recollendo o debuxo por onde pasaría o saneamento que se ten planeado para este ano na nosa parroquia.

Un saneamento do cal non se comento nin o seu presuposto, nin as súas datas concretas de execución, eso si díxose que correría a cargo do convenio asinado coa Conselleria e que se faría o longo deste mesmo ano.

Trátase dun saneamento que xa ten reclamado esta Asociación Veciñal dende o pasado ano, que dará servicio a un total de 25 vivendas dos barrios de Sopegal, Devesa e Ribeira. Congratúlanos ter escoitado esta proposta polo Sr. Alcalde.

Pero cando comezaron as quendas de preguntas dos alí asistentes, Eu como Presidente e máximo responsable da Asociación de Veciños Castro e Ladeira, puxen en riba da mesa, entre outros asuntos o Saneamento de Outeiro, Morade e Bouzos, un saneamento co cal a nosa asociación leva traballado xa durante máis de dous anos para poder conseguilo, con un trazado que ten que pasar por propiedades privadas, pero con un custe relativamente baixo, 60.000,00 €, para o cal, xa existe partida orzamentaria aprobada nos presupostos deste ano 2005.

A resposta do Sr. Alcalde foi ambigua, dixo que era unha obra complicada, precisamente por atravesar propiedades privadas, cando xa existen consenso dende fai 2 anos, e que non podía precisar se este ano se podería facer por falla de presuposto, cando xa existe unha partida orzamentaria aprobada nos presupostos municipais deste ano para este fin.

O fin de contas, quedamos emprazados para falar nas próximas semanas para intentar ver se podemos conxugar os dous proxectos de Saneamentos.

Dende o noso colectivo, queremos dicir o seguinte:

Parécenos fantástico que o Sr. Alcalde conseguise o finanzamento necesario para poder acometer a obra de saneamento dos barrios de Sopegal, Devesa e Riberia a cargo da Conselleria, pero parécenos lamentable que se queiran poñer trabas ós saneamentos de Outeiro, Morade e Bouzos, cando xa existe partida orzamentaria e consenso veciñal. Xa que deste xeito, conxungando o proxecto que presentou onte o Sr. Alcalde e máis o proxecto que ten feito a Asociación de Veciños conseguiríase ter saneado integralmente o 100% das vivendas dos Barrios de: Sopegal, Ribeira, Devesa, Morade, Outeiro e Bouzós, e dicir, conseguiríase ter saneada a Parroquia de Santa Cristina da Ramallosa nun 95%.

Este o principal obxectivo que temos que buscar, DAR SANEAMENTO O 100% DOS VECIÑOS, e non só a uns poucos

O saneamento que plantexa o Alcalde dalle servicio a 25 vivendas.

O noso proxecto dalle servicio a 75 vivendas. 100% dos veciños.

O saneamento que plantexa o Alcalde non sabemos canto custa.

O noso proxecto ten un prespuposto de 60.000,00 € (10.000.000 Pts).

A todo isto gustaríanos saber que pensa o Sr. Vilar, responsable da área de Vías e Obras ao respecto deste saneamentos.

0 comentarios