Blogia
A. VV. Castro e Ladeira

PONTE DO XUNCAL

PONTE DO XUNCAL Os veciños do Xuncal están fartos de que lle conten contos. Os veciños do Xuncal teñen moi claro o que queren para o seu barrio. Eles queren:

1.- Que se lles habilite o servizo de saneamento e auga, xa instalado dende o mes de Novembro pero non operativo a día de hoxe.

2.- Que o comezo das obras da nova ponte para o acceso a este barrio se comecen de maneira inmediata,

3.- Que as negociación para a modificación do acceso o Xuncal se aceleren o máximo.

O que os Veciños do Xuncal non queren é:

Que os sigan enganando, non queren que se lles diga que a ponte non está feita, porque os trámites de expropiación dunha finca para poder facer o acceso foron mal presentados, entre outras cousas porque os terreos onde está situado a nova ponte son públicos e non precisan de ningunha expropiación.

Tampouco queren que lles poñan a excusa de que a COTOP, entende que é necesario unha modificación do plan xeral para poder acometer a obra, xa que existen dúas razóns moi poderosas para poder tirar a abaixo este argumento:

1.- O acceso, en vez de interpretalo coma un novo, pódese interpretar coma un ensanche do actual.

2.- A ponte Actual está en perigo de derrube, está moi deteriorada e é preciso dunha nova ponte de maneira Urxente.

O que realmente teme, tanto os Veciños coma a propia Asociación de Veciños Castro e Ladeira é que a intención deste goberno sexa non facer esta obra, cos 78000,00 € aprox. que custa e desviar parte destes cartos para outras obras, xa que o último plantexamento do Sr. Alcalde foi reforzar a ponte actual e ancheala un pouco.

Acaso o Sr. Alcalde e o seu equipo de Goberno creen que non merece a pena facer unha inversión tan importante xa que a inversión por vivenda neste barrio supera os 3.900,00 € e a renda que lle poida sacar igual non é tan importante como podería ser noutro lugar.

No vindeiro mes de Novembro remata o prazo para poder certificar o fin de Obra, COVSA, empresa adxudicataria e que xa ten o cartel colocado dende o pasado mes de Novembro do pasado, e que incluso un día mandou una máquina excavadora para sacarlle unha foto e mover un pouco de terra, comentounos que ten orden expresa pola actual corporación de non comezar coas obras.

A asociación de Veciños Castro e Ladeira vai a iniciar xuntamente cos veciños unha serie de reivindicacións:

1.- Acudiremos en primeiro lugar este Xoves, 7 de Xullo o pleno Municipal, onde por parte do Grupo Municipal do BNG se lle trasladaran unha preguntas o Pleno en relación a esta obra do Ponte o Xuncal, así como Porqué todavia non se iniciaron os trámitese para dar o servicio de Sanemaneto e abastecemento de auga a este barrio, cando xa ten instaladas as tuberias de saneamento e auga dende fai 8 meses.

2.- Despois de acudir a este Pleno, solicitarase unha entrevista con Sr. Alcalde para que nos de as resposta que queremos sobre este tema e se comprometa a facer esta Ponte.

3.- Se non se consegue nada, con estas dúas accións, tomaranse medidas máis drátricas.

Isto foi o que se decidiu nunha asamblea de Veciños do Xuncal celebrada na tarde de onte.

NON MÁIS ENGANOS, NON MÁIS MENTIRAS.

2 comentarios

Pedro Telmo -

Eu coido que o pobo ten que tomar cartas no asunto e obligar ao Concello a cumplir. Hai que movilizarse en contra desta deixadez e discriminación a todas as parroquias limtítrofes ao casco vello de baiona, que parece que é o único onde chegan os cartos. De feito todos puidemos ver estupefactos como asfaltaron de novo a estrada de entrada ao Parador, cando era un luxo de estrada comparado co estrada de subida a Viso de Calvos. Por por un exemplo...isto E UN ESCANDALO. NON MAIS MENTIRAS, NON MAIS PROMESAS.