Blogia
A. VV. Castro e Ladeira

FOGUEIRA DE SAN XOAN

FOGUEIRA DE SAN XOAN Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.

Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.

Un ano máis a Asociación de Veciños Castro e Ladeira, vai festexar esta noite tan especial, realizando a xa típica fogueira de San Xoan o vindeiro 23 de Xuño, no campo do rápido de Sabarís (Estrada de Acceso o Camping).

Coma no ano anterior, a partir das 10 da noite, contaremos con 100 Kg. de Sardiñas, Pan e Viño gratis para todos os socios. Para os que non sexan socios unha ración de 6 Sardiñas, Pan e Viño terán que abonar 3,00 €.

As 12 da noite como marca a tradición prenderesmos a Fogueira de San Xoan.

Sabedores da aceptación desta actividade soamente nos queda dexesarbos que o pasedes ben e disfrutedes deste noite máxica.

No transcurso da Festa e antes do encendido da Fogueira, sortearemos unha Televisión de 20", entre todos aqueles que teñan comprado as rifas, decir que este acto está financiado pola venda desta rifas.

Un saudo

A DIRECTIVA"

0 comentarios