A. VV. Castro e Ladeira
PONTE DO XUNCAL
1.- Que se lles habilite o servizo de saneamento e auga, xa instalado dende o mes de Novembro pero non operativo a día de hoxe.
2.- Que o comezo das obras da nova ponte para o acceso a este barrio se comecen de maneira inmediata,
3.- Que as negociación para a modificación do acceso o Xuncal se aceleren o máximo.
O que os Veciños do Xuncal non queren é:
Que os sigan enganando, non queren que se lles diga que a ponte non está feita, porque os trámites de expropiación dunha finca para poder facer o acceso foron mal presentados, entre outras cousas porque os terreos onde está situado a nova ponte son públicos e non precisan de ningunha expropiación.
Tampouco queren que lles poñan a excusa de que a COTOP, entende que é necesario unha modificación do plan xeral para poder acometer a obra, xa que existen dúas razóns moi poderosas para poder tirar a abaixo este argumento:
1.- O acceso, en vez de interpretalo coma un novo, pódese interpretar coma un ensanche do actual.
2.- A ponte Actual está en perigo de derrube, está moi deteriorada e é preciso dunha nova ponte de maneira Urxente.
O que realmente teme, tanto os Veciños coma a propia Asociación de Veciños Castro e Ladeira é que a intención deste goberno sexa non facer esta obra, cos 78000,00  aprox. que custa e desviar parte destes cartos para outras obras, xa que o último plantexamento do Sr. Alcalde foi reforzar a ponte actual e ancheala un pouco.
Acaso o Sr. Alcalde e o seu equipo de Goberno creen que non merece a pena facer unha inversión tan importante xa que a inversión por vivenda neste barrio supera os 3.900,00  e a renda que lle poida sacar igual non é tan importante como podería ser noutro lugar.
No vindeiro mes de Novembro remata o prazo para poder certificar o fin de Obra, COVSA, empresa adxudicataria e que xa ten o cartel colocado dende o pasado mes de Novembro do pasado, e que incluso un día mandou una máquina excavadora para sacarlle unha foto e mover un pouco de terra, comentounos que ten orden expresa pola actual corporación de non comezar coas obras.
A asociación de Veciños Castro e Ladeira vai a iniciar xuntamente cos veciños unha serie de reivindicacións:
1.- Acudiremos en primeiro lugar este Xoves, 7 de Xullo o pleno Municipal, onde por parte do Grupo Municipal do BNG se lle trasladaran unha preguntas o Pleno en relación a esta obra do Ponte o Xuncal, así como Porqué todavia non se iniciaron os trámitese para dar o servicio de Sanemaneto e abastecemento de auga a este barrio, cando xa ten instaladas as tuberias de saneamento e auga dende fai 8 meses.
2.- Despois de acudir a este Pleno, solicitarase unha entrevista con Sr. Alcalde para que nos de as resposta que queremos sobre este tema e se comprometa a facer esta Ponte.
3.- Se non se consegue nada, con estas dúas accións, tomaranse medidas máis drátricas.
Isto foi o que se decidiu nunha asamblea de Veciños do Xuncal celebrada na tarde de onte.
CHARLA COS VECIÑOS DO SR. ALCALDE EN SABARIS (16-XUÑ-05)
Comeza o Alcalde facendo un repaso a todos os feitos na nosa parroquia ata o mesmo día, e facendo especial fincapé na importancia que teñen os saneamentos para a parroquia.
Nos creemos que é a importancia nº 1 que teñen os barrios da parroquia de Sta Cristina, deste xeito presentan a todos os alí asistentes un plano recollendo o debuxo por onde pasaría o saneamento que se ten planeado para este ano na nosa parroquia.
Un saneamento do cal non se comento nin o seu presuposto, nin as súas datas concretas de execución, eso si díxose que correría a cargo do convenio asinado coa Conselleria e que se faría o longo deste mesmo ano.
Trátase dun saneamento que xa ten reclamado esta Asociación Veciñal dende o pasado ano, que dará servicio a un total de 25 vivendas dos barrios de Sopegal, Devesa e Ribeira. Congratúlanos ter escoitado esta proposta polo Sr. Alcalde.
Pero cando comezaron as quendas de preguntas dos alí asistentes, Eu como Presidente e máximo responsable da Asociación de Veciños Castro e Ladeira, puxen en riba da mesa, entre outros asuntos o Saneamento de Outeiro, Morade e Bouzos, un saneamento co cal a nosa asociación leva traballado xa durante máis de dous anos para poder conseguilo, con un trazado que ten que pasar por propiedades privadas, pero con un custe relativamente baixo, 60.000,00 , para  o cal, xa existe partida orzamentaria aprobada nos presupostos deste ano 2005.
A resposta do Sr. Alcalde foi ambigua, dixo que era unha obra complicada, precisamente por atravesar propiedades privadas, cando xa existen consenso dende fai 2 anos, e que non podía precisar se este ano se podería facer por falla de presuposto, cando xa existe unha partida orzamentaria aprobada nos presupostos municipais deste ano para este fin.
O fin de contas, quedamos emprazados para falar nas próximas semanas para intentar ver se podemos conxugar os dous proxectos de Saneamentos.
Dende o noso colectivo, queremos dicir o seguinte:
Parécenos fantástico que o Sr. Alcalde conseguise o finanzamento necesario para poder acometer a obra de saneamento dos barrios de Sopegal, Devesa e Riberia a cargo da Conselleria, pero parécenos lamentable que se queiran poñer trabas ós saneamentos de Outeiro, Morade e Bouzos, cando xa existe partida orzamentaria e consenso veciñal. Xa que deste xeito, conxungando o proxecto que presentou onte o Sr. Alcalde e máis o proxecto que ten feito a Asociación de Veciños conseguiríase ter saneado integralmente o 100% das vivendas dos Barrios de: Sopegal, Ribeira, Devesa, Morade, Outeiro e Bouzós, e dicir, conseguiríase ter saneada a Parroquia de Santa Cristina da Ramallosa nun 95%.
Este o principal obxectivo que temos que buscar, DAR SANEAMENTO O 100% DOS VECIÑOS, e non só a uns poucos
O saneamento que plantexa o Alcalde dalle servicio a 25 vivendas.
O noso proxecto dalle servicio a 75 vivendas. 100% dos veciños.
O saneamento que plantexa o Alcalde non sabemos canto custa.
O noso proxecto ten un prespuposto de 60.000,00  (10.000.000 Pts).
FOGUEIRA DE SAN XOAN
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Un ano máis a Asociación de Veciños Castro e Ladeira, vai festexar esta noite tan especial, realizando a xa típica fogueira de San Xoan o vindeiro 23 de Xuño, no campo do rápido de Sabarís (Estrada de Acceso o Camping).
Coma no ano anterior, a partir das 10 da noite, contaremos con 100 Kg. de Sardiñas, Pan e Viño gratis para todos os socios. Para os que non sexan socios unha ración de 6 Sardiñas, Pan e Viño terán que abonar 3,00 .
As 12 da noite como marca a tradición prenderesmos a Fogueira de San Xoan.
Sabedores da aceptación desta actividade soamente nos queda dexesarbos que o pasedes ben e disfrutedes deste noite máxica.
No transcurso da Festa e antes do encendido da Fogueira, sortearemos unha Televisión de 20", entre todos aqueles que teñan comprado as rifas, decir que este acto está financiado pola venda desta rifas.
Un saudo
Benvidos o Blog da Asociación de Veciños Castro e Ladeira
Unha novo medio de comunicación entre o colectivo e as veciñas e veciños da noso entrono, un lugar de encontro onde se poida saber sobre que temas estamos traballando, que tramento lle damos as peticións que nos fan os nosos socios e socias, un lugar onde se podan saber que actos imos ter, un lugar onde todos vos poidades expresar os vosas opinios sobre calquera tema que tratemos.